sexta-feira, 18 de janeiro de 2008

UN TEXTO EN GALEGO


Amigos, amigas, Saudos de Caminela Valterra Como en posta anterior meu irmao Nel esteve falando do Galego Normalizado, oxe recomendo que entren nesta web para que podan ver por vosés mesmos como se escribe e soa esa língua ponte entre o Portugués e o Espanhol que leva tempo sendo co-ofisial na Comunidade Autónoma de Galisia. Transcribo aqui o prólogo, para quen só quer dar una olhada rápida.
Segue o endereso da web. Un abraso da Nela.






A CHAMADA DE ACUARIA
Texto en Galego, que se publicó completo en junio 2005 en Internet
INSTRUCCIÓNS DA NAI TERRA AOS ESPÍRITOS HUMANOS
PARA O INICIO DO TERCEIRO MILENIO

Mensaxe de libre difusión en 7 textos recebido polo aventureiro galego Xosé de Fisterra na Amazonia Brasileira, cara 1988, e presentado por Manuel Castelin.

PRÓLOGO:

Esta "Chamada", ou Mensaxe de Acuaria, inspirada cara 1988 ou 1989, no corazón da Amazonia, a un buscador de si mesmo polo seu Eu Maior, a quen el vía como "Amazona Acuaria, Espírito da Selva", recolle as supostas instruccións que a Nai Terra, o espírito rector do noso Planeta, transmite aos seus fillos, ou sexa a nós, os seres humanos, coa intención de nos axudar a preparar o cambio de mentalidade que se fai necesario para que logremos unha correcta transición entre o final da Era de Piscis e o principio da de Acuarius, transición na cal xa nos atopamos -a miúdo sen o saber-, a maioría de nós, aínda que os seres humanos máis adiantados e xeniais xa comezaron a vivir Acuarius conscientemente fai moitísimo tempo.
A persoa que nos presenta esta Chamada, o aventureiro Xosé Fisterra, aparece a penas como un simple transmisor; un canal sensible do Espírito da Selva, que entregou ao mundo, por medio dun compatriota, os seus escritos recebidos sen sequera pensar en asiná-los, antes de se perder selva adentro definitivamente.
Unha obra de creación persoal ou unha verdadeira revelación? Non hai maneira de asegurar unha ou outra posibilidade. tampouco creo que importe moito asegurá-lo: a validez, profundidade e ata utilidade desta obra faráseche evidente tan só se dase en ti, leitor, desde o principio, (e así se deu en min), unha resonancia persoal e subxectiva coa súa vibración, como está escrito no primeiro parágrafo do seu primeiro capítulo.

O transmisor de "A CHAMADA DE ACUARIA" é un europeo que andou máis de dez anos pola América Tropical toda, fascinado pola Selva e polo seu misterio. O Espírito da Selva, que sentía como feminino, cósmico e amigo, falou con el moitas veces desde o seu interior, igual que fala a Inspiración cos poetas.
Repito que, por máis voltas que lles dei, me resulta imposible precisar se estes textos son unha verdadeira revelación ou unha creación literaria de Xosé Fisterra, nun momento de grande exaltación mística. Son esas fronteiras da alma humana demasiado neblinosas como para facer unha análise categórica e concluinte. En calquera caso, o que importa, se é que importa algo desta obra, é a mensaxe. Por iso atrevemonos a publicá-la.

0 comentários:

 
© 2007 Template feito por Templates para Você